viernes, 15 de marzo de 2013

Anuncio publicitario Hamburguesa de frutos secos


Análisis dun anuncio de revista

(Falta a foto polo problema que che dixen no correo que che mandei ó GMAIL, en canto poida poñereina aquí.)

O anuncio correspóndese ca marca de beleza SENSILIS, que nos presenta un dos seus novos productos de lanzamento:

Primeiramente vemos un filete central en negro no centro da páxina con un texto, que a separa en dúas partes diferenciadas.
Atopamos dúas diagonais:
Diagonal 1: Parte de un dos tercios, arriba esquerda, pasando directamente polo bote do producto que remata no logotipo da marca.
Diagonal 2: Parte da esquina dereita da páxina ata a esquina oposta en diagonal pasando tamén polo bote do producto máis grande do anuncio, que remata nun texto relacionado coa descripción do producto.

Tamén vemos unha liña de forza horizontal na parte inferior da imaxe, que une o lema (esquerda) co logotipo da marca (dereita)

Observamos o predominio da letra "S" que destaca na esquina esquerda do filete, a esquina inferior esquerda no lema, na esquina inferior dereita no logotipo e no final da diagonal 2, cerca da esquina superior dereita. Casi conforma unha especie de cadrado.

Respétase a regla dos tercios no lema e descripción do producto, no logotipo e sello superior esquerdo, e nos dous botes máis chamativos.

En canto ás cores son frías cunha textura pastel, en negros e brancos.

Tamén podemos ver certos reflexos do producto a modo de espello.

Finalmente vemos que só presenta unha tipografía helvética engadíndoa en negrita en algunhas partes e distintos tamaños.