lunes, 25 de febrero de 2013
sábado, 9 de febrero de 2013
Análisis dun anuncio.
1. Vendedor: Correspondese ca firma de productos de beleza Dior do deseñador francés Christian Dior, que aínda que abarca diferentes tipos de productos como reloxes, maquillaxes, xoiería e marroquinería. neste caso anuncian o seu perfume feminino chamado J'adore.
2. Destinatario: Este anuncio está destinado ás mulleres. Aínda que esta firma tamén traballa productos para o xénero masculino, inclínase máis por productos para o feminino. Como dicíamos, está destinado a mulleres, xa que se trata dun perfume para elas cun estilo afeminado, sensual e estilizado.
3. Recursos formales: Consta de 23 planos:
1º Comeza cun plano xeral da entrada dun edificio moi sofisticado e brillante, dando unha sensación de grandeza.
2º Plano xeral dunha muller que ube apresurada polas escaleiras, trátase da modelo que vai representar un desfile de moda, a cal parece que chega tarde.
3º Plano xeral do escenario do desfile no que tamén observamos a pasarela, cheo de fotógrafos e xente xa agardando.
4º Plano medio da modelo apresurada, a cal agocha os seus ollos tras unhas gafas de sol, dando así unha sensación de querer pasar desapercibida.
5º e 6º Planos moi seguidos nos cales observamos a entrada da modelo ó vestiario e como lle da apresurada o seu bolso a alguén.
7º Plano medio corto no cal a modelo saúda dándolle dous bicos a outra das modelos
8º e 9º Planos tamén moi seguidos: o primeiro é un plano detalle do vestido da modelo que foi bicada e seguidamente un primeiro plano xirándose cara atrás.
10º Plano medio no que a modelo principal, de espaldas, quita a chaqueta para proceder a vestirse para o desfile.
11º Plano medio corto mentras as axudantes lle colocan o colar á modelo
12º Plano medio corto de outra das modelos que alí estaban preparándose
13º Plano medio corto representando á famosa actriz, modelo e cantante Marilyn Monroe, a cal cita o producto anunciado, o perfume J'adore. Dío dunha maneira que nos transmite sorpresa nela, como si descubrira algo que realmente lle gusta.
14º Primeiro plano da modelo principal que se xira cara atrás, da a entender que mira para a reacción de Marilyn Monroe ante o perfume.
15º e 16º Planos moi seguidos: un primeiro plano do propio perfume J'adore e como é collido por unha man, e un plano medio corto de Marilyn Monroe sostendo o perfume con cara de satisfacción.
17º Plano medio corto ralentizado da modelo principal xa rematada de vestir correndo hacia a pasarela para desfilar.
18º Plano enteiro bastante oscuro do lugar de saída das modelos na pasarela co nome en grande e dourado detrás, Dior, dende o cal sale a modelo tamén cun efecto ralentizado
19º Primeiro plano da modelo desfilando, a cal mira directamente á cámara cunha expresión sensual, tamén cun efecto ralentizado.
20º Plano xeral dende detrás da modelo, a cal se vai afastando a medida que avanza pola pasarela. Deixa ver o público e fotógrafos a ambos lados e a sala. Xa non ten efecto ralentizado.
21º Plano medio corto da modelo desfilando o cal se vai acercando ata chegar a ser un Primeiro plano, no cal di cunha voz baixa e sensual o nome do producto: "J'adore Dior"
22º Primeiro plano do perfume no medio da pasarela co fondo da sala por detrás del. No medio do perfume vemos a silueta da modelo xa moi afastada, dando unha sensación de fusión entre o bote e a modelo.
23º Finalmente un plano xeral da pasarela dende o lugar de saída no que vemos a modelo chegando ó final, de espaldas e a piques de saír por unha gran porta, co público e fotógrafos a ambos lados.
A luz na maioría dos casos é intensa e dourada, de cores cálidos, ó igual que o bote do perfume e a vestimenta da modelo, dando así unha sensación de poder, luxo e elegancia.
A música acomódase ós diferentes momentos do percorrido. Acostuma a manterse o comezo da canción cunha tonalidade máis ben baixa e pasando desapercibido ata o momento no que a modelo sale dunha maneira explosiva á pasarela, que é cando a música acada o momento máis forte, ó igual que o video. De ahí en diante vaise reducindo a medida que a modelo se afasta.
Recursos simbólicos: Con este anuncio queren transmitir a perfección do perfume á par que a perfección da muller, xa que como modelo poñen á actriz Charlize Theron, a cal nos transmite moita beleza e estilo, igual que o perfume. Presenta moito parecido entre a modelo e o producto, xa que sendo curvo e alongado, igual que a figura femenina, co vestido estreito que leva a modelo marcando as súas cadeiras e curvas remárcase o parecido entre os dous, xunto cos tonos dourados e o pelo loiro dela.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)